archive-org.com » ORG » F » FEAFESPORTANOVA.ORG

Total: 259

Choose link from "Titles, links and description words view":

Or switch to "Titles and links view".
  • A.F.A.E.S. noticias
    de Emprego Oedem Os cursos estiveron impartidos por persoal contratado por FSC Inserta e o lugar de realización dos mesmos foi nunha academia de Ferrol Destacar a enorme satisfacción transmitida polos usuarios de AFAES Porta Nova tanto en relación os contidos coma ó profesorado Tamén destacar o gran esforzo que estes realizaron por tratarse dun curso realizado fora das instalación do noso centro ACCIÓNS FORMATIVAS Martes 03 Novembro 2015 13 05 Escrito por Antía Pereira García CURSO DE XARDINERÍA E LIMPEZA DE XARDINS E CURSO DE LAVANDARIA INDUSTRIAL A Asociación de Familiares Amigos e Persoas con Enfermidade Mental AFAES Porta Nova está impartindo dúas accións formativas subvencionadas pola Xunta de Galicia Consellería de Politica Social e cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo en base as axudas reguladas na Orde 2 de xuño de 2015 para os anos 2015 e 2016 para a promoción de actividades de servizos comunitarios e inclusión social DOGS nº 108 de 10 de xuño de 2015 Trátase dun Curso de Xardinería e Limpeza de Xardíns subvencionado con 9 132 00 de 158 horas que comezou o pasado 19 de outubro e que se prolongará ata o 27 de novembro Para este curso foron seleccionadas 11 persoas todas elas procedentes do Plan de Inclusión a través do Equipo Comarcal de As Pontes As prácticas faranse tanto na finca de AFAES sita nos Vicás en Narón como nas instalacións da empresa Arce S L o igual que o ano pasado e tamén noutros xardíns e cerres privados da zona O outro é un Curso de lavandaría industrial subvencionado con 8 524 00 de 145 horas que comezou o pasado 26 de outubro e que rematará o vindeiro 27 de novembro O número de participantes é 8 a metade derivados dende o Plan de Inclusión a ravés do Equipo

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=8&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    de empregabilidade a través da realización dun Obradoiro de horta ecolóxica Durante este ano 2015 as tarefas de produción no Obradoiro de horta foron as seguintes Estercado e perfilado de bancais par plantación dos invernadoiros Plantación e cultivo de hortalizas de temporada dende final de xaneiro ata final de xullo Dende finais de maio ata entrado outubro as variedades plantadas e recollidas foron leituga chícharo acelga calabacín cebola allos faba xudía berenxena naviza A práctica totalidade da produción foi destinada para o consumo en fresco e ou para transformación nos pisos protexidos de AFAES Unha mínima parte foi distribuída entre o persoal e socios da Entidade Modificado o Mércores 25 Novembro 2015 18 42 DÍA DA SAÚDE MENTAL 2015 Mércores 30 Setembro 2015 15 42 Escrito por Antía Pereira García Un ano máis poñemos en marcha a campaña do Día Mundial da Saúde Mental que será o próximo 10 de Outubro O lema este ano é Ponte no meu lugar Conecta comigo para iso preparamos unha serie de actos que pasamos a comentarvos a continuación Xornada de portas abertas desde o luns 5 ao venres 9 de outubro Celebración do magosto o mércores 7 Sesións de exposicións sobre artigos elaborados nos talleres ocupacións e sesións de divulgación en distintos centros sanitarios sociais comerciais e culturais en horario de 10 a 13 horas Luns 5 entrada da Residencia Arquitecto Marcide Martes 6 Hospital Naval e Cocello de Cerdido Xoves 8 Parque Ferrol Venres 9 Alcampo Ferrol No centro cultural Galería Sargadelos do luns 5 ao sábado 10 exposición de pintura e artigos dos talleres ocupacionales o xoves 8 en horario de 19 30 a 21 30 charla divulgativa sobre a entidade AFAES Porta Nova Sesión do Programa Mentalízate nun IES de Ortigueira promovida por SS SS do concello Data e hora

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=10&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    de talleres e actividades para familiares e persoas con enfermidade mental Escola de Familias xornada de portas abertas Voluntariado exposicións de produtos dos talleres ocupacionais etc Accesibilidade e entrega de material divulgativo boletíns web medios de comunicación tarxetas trípticos revistiñas etc En concreto o importe económico recibido do concello de As Pontes cubre os gastos de mantemento do BOLETÍN SAÚDE MENTAL de AFAES Porta Nova que ten unha periodicidade anual de 3 4 números e que está accesible na web da entidade Modificado o Mércores 25 Novembro 2015 18 29 AS AXUDAS ECONÓMICAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA NO ANO 2015 PERMITEN QUE AFAES PORTA NOVA SIGA FOMENTANDO A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DAS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL CRÓNICA Luns 08 Xuño 2015 00 00 Escrito por Antía Pereira García As axudas económicas veñen a través de dous proxectos Proxecto de inserción sociolaboral de persoas con enfermidade mental crónica a t5ravés da participación nos talleres do centro Ocupacional Porta Nova Importe 10 376 52 As persoas con enfermidade mental crónica poden ter dificultades a hora de levar a cabo as demandas que lles esixe o desenrolo dunha actividade ou taller ocupacional ou laboral Isto implica un abandono progresivo dos hábitos laborais e una progresiva dificultade para a posta en práctica das competencias ocupacionais ou profesionais Os usuarios beneficiarios do proxecto teñen a oportunidade de participar en diversos talleres formativos e ocupacionais de lavandería de costura de cociña brigadas de xardinería e horta mediante estes aprendizaxes trabállanse as dificultades derivadas da discapacidade mental e adéstranse os usuarios en todos os aspectos prelaborais laborais e formativos que require o desenrolo de competencias para a realización dunha ocupación ou traballo Ampliación da oferta formativa do Centro Ocupacional Porta Nova mediante a habilitación dun espazo para a realización dun taller de cociña Importe 6 981 66

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=12&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    de 6 usuarias de Afaes acompañadas dunha monitora fixeron una escapada do 14 ao 15 de abril ao Balneario de Cuntis na provincia de Pontevedra Ademais de disfrutar do circuito termal do balneario tamén fixeron una excursión ao Parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro Modificado o Mércores 22 Abril 2015 16 28 A SECRETARIA XERAL DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA VISITA AFAES Martes 21 Abril 2015 08 38 Escrito por Antía Pereira García O pasado 18 de marzo a secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia Coro Piñeiro visitou as instalacións do Centro Ocupacional de Afaes tras a mellora da Consellería de Traballo e Benestar que concertou por primeira vez prazas en centros ocupacionales das catro asociacións de FEAFES Galicia Tamén asistiu á reunión o deputado provincial Miguel de Santiago Das oito prazas concertadas en Afaes sete xa están cubertas Durante a visita a dirección do centro mostrou a Piñeiro o funcionamento dos obradoiros que impartimos lavandería costura e formación de brigadas de jardinería e horta A directora de Afaes explicou que o obxectivo destes talleres é traballar con xente máis nova que leve menos tempo afectada pola enfermidade mental e que a través da formación

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=14&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    Galicia entre elas AFAES Porta Nova asinaron coa Administración os contratos para a xestión de servizos públicos para a ocupación de prazas nos Centros Ocupacionais de atención diúrna Trátase da primeira vez que as entidades de saúde mental galegas acceden á carteira da Consellería de Traballo e Benestar dentro do sistema de dependencia reivindicación histórica de FEAFES Galicia que paulatinamente ve recoñecidos os dereitos do colectivo e a necesidade de contar cuns servizos específicos e axeitados para as persoas con enfermidade mental As asociacións que se beneficiarán deste financiamento ademais de AFAES Porta Nova que contará con 8 prazas concertadas serán Lenda Redondela que dispón de 9 prazas contratadas no seu Centro Ocupacional Fonte da Virxe Santiago de Compostela que conta con 8 prazas contratadas e A Creba Noia que conta con 8 prazas Unha reivindicación histórica Baixo o prexuízo de que a enfermidade mental é un problema médico e tras a consecución dos dereitos sanitarios coa Lei Xeral de Sanidade de 1986 ó colectivo de persoas con enfermidade mental negáronselle os seus dereitos sociais durante moitos anos En consecuencia as persoas con enfermidade mental quedaron fora das políticas sociais ata agora que por primeira vez o colectivo apareceu na carteira de servizos da Consellería de Traballo e Benestar Os máis de 20 anos de retraso que isto xerou con respecto ós demais colectivos de discapacidade impediu implementar políticas integrais de atención a estas persoas e provocou unha enorme discriminación no apoio económico á saúde mental con respecto a outras discapacidades FEAFES Galicia insiste na necesidade de superar o modelo biomédico de atención á saúde mental para pasar a unha abordaxe integral da enfermidade Os Centros Ocupacionais Os Centros Ocupacionais son dispositivos de atención diúrna a media estancia para persoas dependentes con enfermidade mental que residindo nos seus propios fogares

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=16&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    Outubro 2014 08 25 Escrito por Antía Pereira García Un ano máis poñemos en marcha a campaña do Día Mundial da Saúde Mental que será o próximo 10 de Outubro o lema este ano é Abrindo mentes Pechando estigmas para iso preparamos unha serie de actos que pasamos a comentarvos a continuación Semana de Portas Abertas do 6 ao 10 de Outubro estaremos encantados de recibirvos para que participedes dalgún dos talleres visitedes as nosas instalacións ou realicedes algunha consulta O horario é de 9 30 a 13 30 e de 16 00 a 19 00 Stands informativos e de vendas de produtos realizados nos talleres da Asociación nos seguintes espazos Hall do CHUF Arquitecto Marcide 6 de Outubro de 10 00 a 13 00 Hall do Hospital Naval 7 de Outubro de 10 00 a 13 00 Hall do Hospital Juan Cardona 9 de Outubro de 10 00 a 13 00 Concello de Cerdido 10 de Outubro de 10 00 a 12 00 Xornada Asesoría Xurídica Xoves 9 de Outubro ás 17 30 Contaremos coa presenza dos Asesores Xurídicos de FEAFES Galicia Rodrigo Branco e Iván Sanmartín para impartir unha charla informativa sobre as funcións e servizos da Asesoría

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=18&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    23 Maio 2011 00 00 Escrito por Administrator A responsable de calidade recibiu a acreditación nun acto en Santiago presidido por Dona Beatriz Mato Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e D Mauro Varela copresidente de Novacaixagalicia A certificación ISO proporciona á entidade AFAES PORTA NOVA unha acreditación ante todos os seus grupos de interese usuarios e familiares administracións públicas empresas privadas e sociedade de estar prestando eficazmente os seus servizos e estar canalizando os seus recursos de forma adecuada A entidade AFAES PORTA NOVA foi seleccionada en 2010 xunto a outras 12 entidades galegas para participar no programa Socialia Calidade da Obra Social de Novacaixagalicia Durante máis dun ano AFAES PORTA NOVA traballou co apoio de Obra Social de Novacaixagalicia para mellorar a súa xestión revisando as súas formas de actuación compartindo boas prácticas coas outras entidades seleccionadas e aplicando solucións innovadoras E todo iso para que as persoas destinatarias das súas accións reciban mellores atencións e conten con mellores servizos AFAES PORTA NOVA traballa por mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias O programa Socialia Calidade no que a entidade participou é unha iniciativa que engloba as accións

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?limitstart=70&lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive

  • A.F.A.E.S. noticias
    ESTREA BLOG Venres 15 Abril 2016 11 07 Escrito por Antía Pereira García Como xa vos comentamos Sumando capacidades Xerando oportunidades é unha iniciativa innovadora que xorde da colaboración entre as asociacións AFAES e ASPANEPS para traballar unidas pola inclusión socio laboral de persoas con problemas graves de saúde mental e discapacidad intelectual no área sanitaria de Ferrol subvencionado pola Obra Social A Caixa O proxecto se articula en 4 talleres formativos costura serigrafía lavandería e cociña nos que participarán como beneficiarias 65 persoas pertencentes a ambas asociacións durante o ano 2016 O obxectivo principal é a formación e inserción laboral dos participantes no proxecto así como a sensibilización e promoción da participación de empresas entidades e administracións da comarca para a mellora da situación socio laboral dos nosos colectivos Pois ben si queredes seguir este fantástico proxecto día a día non tedes máis que seguir o blog https sumandocapacidadesblog wordpress com XA TEMOS DISPOÑIBLE UN NOVO NÚMERO DO NOSO BOLETÍN Luns 11 Abril 2016 11 00 Escrito por Antía Pereira García Xa tedes dispoñible o número 10 do noso Boletín Podedes velo ou descargalo facendo click na imaxe o no link https drive google com open id 0By2wi8BCtdlrLWhTTVdPRDVyOGc Modificado

    Original URL path: http://www.feafesportanova.org/index.php?lang=gl (2016-04-24)
    Open archived version from archive



  •